Sobre Tucha Fitness

Quen somos

En Tucha Fitness, a túa saúde e benestar son a nosa prioridade. Con anos de experiencia no sector do fitness, ofrecemos un enfoque integral e personalizado que se adapta ás necesidades de cada membro. 

Pero, quén é Tucha Fitness? 

Son Antía Paz Rego, teño 33 anos e son de Vilalba. Estudei Técnico en Actividades Físicas e Deportivas porque o deporte sempre foi unha das miñas grandes paixóns. Xoguei durante moitos anos ao fútbol sala, ao rugby e tamén disfruto moito nos ximnasios. A actividade física forma parte da miña rutina e da miña forma de ser.

 

No meu tempo libre encántame ir a concertos e festivais, xa que a música é outra das cousas que me fai feliz. Ademais, son unha gran amante dos animais. Teño dúas cadelas ás que adoro e coido con moito agarimo, e ao longo da miña vida tiven moitas mascotas, desde cans e gatos ata outros animais. Sempre disfruto moito estando rodeada deles.

 

Son unha persoa familiar, activa, coidada e moi simpática. Encántame compartir bos momentos coa miña xente, facer rir e aproveitar cada día ao máximo. O equilibrio entre o deporte, os animais, a música e a familia é o que mellor me define.

 



Únete a nós

Transforma a túa vida

Non esperes máis para comezar a súa viaxe de fitness. Únete a Tucha Fitness e descubre un novo ti.<br/>Estamos aquí para apoiarche en cada paso do camiño.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.